Talleres de historieta en Galicia

LA Asociación Cultural BD Banda coordina 14 talleres de creación de historieta en las bibliotecas de Pontevedra y Compostela durante el otoño. Los talleres están dirigidos a jóvenes entre 13 y 20 años y serán parte de una importante agenda de actividades alrededor de la historieta en las bibliotecas gallegas.
Os paso la nota de prensa completa:

BD Banda apoia a difusión da novena arte con obradoiros nas bibliotecas de Compostela e Pontevedra

Pontevedra, 19 de setembro
A Asociación Cultural BD Banda inicia este outono unha nova xeira de actividades de difusión arredor da novena arte. Desta volta, unha serie de obradoiros de creación nas bibliotecas públicas de Santiago e de Pontevedra achegarán os cadriños aos máis novos A proposta de BD Banda, consta en cada localidade de sete obradoiros dirixidos a un público de entre 13 e 20 anos, que serán impartidos por algúns dos máis recoñecidos autores galegos de banda deseñada. As actividades presentáronse nas respectivas bibliotecas os días 18 e 19 deste mes, e xa teñen abertos os prazos de inscrición.

PROPOSTA INTEGRAL
As actividades non se limitan a ser sesións xerais sobre a novena arte. Cada unha das sesións estará centrada nun ámbito concreto do cómic, de xeito que se tratarán cuestións coma a linguaxe narrativa, a guionización, a BD europea, o manga xaponés ou o cómic americano entre outros ámbitos. Aínda que é posible a inscrición en obradoiros individuais, a intención do colectivo é achegar co conxunto de actividades unha visión completa das variedades, estilos e técnicas da BD para os máis novos.

Para alén de iniciar os participantes no proceso creativo da BD, esta actividade quere fornecelos tamén de ferramentas teórica coas que contextualizar e interpretar coma lectores as obras que vaian lendo.

AUTORES E DATAS
Entre os autores participantes, contamos con Kiko da Silva que fará unha introdución sobre a historia da BD e mais a creación de personaxes. Luís Davila, pola súa banda, tratará ámbitos coma os recursos narrativos e realizará unha pequena introdución ao humor gráfico. O coñecido Pepe Carreiro abordará ámbitos coma as onomatopeias e as metáforas visuais mentres Fernando Iglesias encargarase da creación de historias e da narración gráfica. Miguel Porto, pola súa banda explicará as peculiaridades da BD europea, Fran Bueno falará, a partir da súa propia experiencia sobre cómic americano e, finalmente Enma Ríos amosará o manga xaponés.

En Compostela os obradoiros desenvolveranse na Biblioteca Ánxel Casal os días 25 de setembro, 16 e 24 de outubro, 6 e 27 de novembro e 23 e 30 de decembro, ás sete da tarde e durante unha hora e media. A biblioteca acollerá ademais actividades de dinamización lectora á banda deseñada a cargo da Cooperativa Andaina.

Pola súa banda, os obradoiros de Pontevedra transcorrerán, coa mesma duración, todos os xoves a partir do vindeiro día 16 de outubro, tamén ás sete da tarde e coa mesma duración.

PRESENTACIÓNS
A coincidir coa presenza dalgúns dos autores, está previsto que se desenvolvan no centro presentacións das súas últimas obras. Para comezar, o día 25, a biblioteca Ánxel Casal de Compostela acollerá a presentación nestas cidade do número catro da revista BD Banda, que xa está dispoñible nas tendas.

Desde a Asociación Cultural BD Banda queremos felicitar ás bibliotecas por apostar deste xeito pola banda deseñada e agardamos que este exemplo se difunda entre os centros deste tipo.

PROGRAMA
O programa completo que se tratará nas actividades será:

Compostela
• 25 de setembro – Historia da banda deseñada e creación de personaxes (Kiko da Silva)
• 16 de outubro – Tipos de “bocadillos”, tipografías, onomatopeias, metáforas visuais, xestualización (Pepe Carreiro)
• 24 de outubro – Tipos de planos e empregos narrativos, humor gráfico (Luís da Vila)
• 6 de novembro – BD americana : histora e creación de personaxes (Fran Bueno)
• 27 de novembro – Creación de historias, narración e guión (Fernando Iglesias)
• 23 de decembro – BD europea : historia e creación de personaxes (Miguel Porto)
• 30 de decembro – Manga: contido histórico e narracion (Enma Ríos)

Pontevedra
16 de outubro – Historia da banda deseñada e creación de personaxes (Kiko da Silva)
23 de outubro – Tipos de planos e empregos narrativos, humor gráfico (Luís da Vila)
30 de outubro – BD americana : histora e creación de personaxes (Fran Bueno)
6 de novembro -Tipos de “bocadillos”, tipografías, onomatopeias, metáforas visuais, xestualización (Pepe Carreiro)
13 de novembro – Creación de historias, narración e guión (Fernando Iglesias)
20 de novembro – BD europea : historia e creación de personaxes (Miguel Porto)
27 de novembro- Manga: contido histórico e narracion (Enma Ríos)

Máis información e inscrición
no web da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
http://www.rbgalicia.org/santiago

No web da Biblioteca de Pontevedra
http://www.rbgalicia.org/pontevedra/

Toda a información no web de BD Banda
http://www.bdbanda.com/?p=267

2 Comentarios en “Talleres de historieta en Galicia

  1. En la información que tengo yo no pone nada de edades :(

  2. Ismael on 25 septiembre 2008 at 19:39 said:

    Y de blogs en las bibliotecas municipales de la Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Post Navigation