Dos años de Retranca

La revista satírica gallega Retranca celebra su segundo aniversario y lo celebra por todo lo alto…¡Felicidades!

INCRIBLE PERO CERTO… RETRANCA LEVA XA DOUS ANO MORTA!!!
Pois si, damas e cabaleiros, fai dous anos moitos crían que a Retranca estaba morta e que a nosa revista duraría un telexornal e aquí nos tedes… con 22 números ás costas, unha chea de subscritores e as mesmas ganas de facer rir aos galegos. Iso si, nós tamén estamos levando os paus da crise e apartir deste mes pasaremos a sair cunha periodicidade Bimestral. Éche o que ten non coñecer ao Bigotes ese da trama Gürtel !!!

Así que xa sabedes, o vindeiro 30 de outubro, na noite antes da de Samaín tedes unha cita coa Santa Compaña, xa que estades convidados ao 2º Cabodano de Retranca (si, a revista Retranca naceu morta así que nada de aniversarios). O acto será en Pontevedra, no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia ás 8 da tarde. Prégase ir de loito e co bandullo baleiro (haberá pinchos) música e diversión asegurada!!!.

GRACIÑAS A TODOS /AS OS QUE FIXECHES POSIBLE QUE RETRANCA SEXA UN AUTÉNTICO MORTO VIVINTE!!

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

www.revistaretranca.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Post Navigation