Presentación de BdBanda 4

El viernes 2 de julio, a las 19h, Kiko da Silva y Fernando Iglesias (Kohell) presentarán en la Librería Paz de Pontevedra la nueva entrega de BdBanda

O BD Banda 4 chega a Pontevedra

Logo de se presentar con grande éxito no último Saló del Còmic de Barcelona, o colectivo BD Banda trae a Galicia o novo número da súa revista. Os afeccionados á BD terán a oportunidade de atopar algúns dos nosos autores na libraría especializada na presentación que se realizará o vindeiro venres 2 ás 19h

O encontro contará coa presenza de Kiko da Silva, que falará sobre a publicación, e de Fernando Iglesias, que asinará exemplares da mesma.

O número 4 de BD Banda ten como eixe a serie As serpes cegas, o recente Premio Nacional de Cómic que remata nesta entrega a súa publicación. Ademais das páxinas correspondentes, a revista inclúe unha ampla entrevista aos autores canda a diferentes ilustracións inéditas e material de traballo. Ademais, continúan as habituais series, como Animais pantasma de Jacobo Fernández, Caveira lunar de Albert Monteys, Ultratumbia de Alberto Guitián, Julie de Calo e Stygryt ou o Astro de Javier Olivares, ademais do artigo de Álvaro Pons e novos contidos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Post Navigation