Novedad de El Patito Editorial

Engurras, de Paco Roca 17 x 24 cm 114 páxinas a cor Encadernación cartoné Prezo 15 euros

O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969)
consegue artellar en Engurras unha narración baseada
na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar
a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración
senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da
banca, é internado pola súa familia nunha residencia de
anciáns e aos poucos vai aceptando ese novo domicilio,
as súas regras e as rutinas diarias. Mais a súa memoria
comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou
agochar os efectos da enfermidade. Engurras conta con
precisión e dende unha ollada intimista non exenta de
dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas
páxinas se volven pouca a pouco brancas. Unha
conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional
de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao
cinema. Recomendado para os amantes da historieta
con corazón.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Post Navigation