Autobuses con retranca

Parece que hablando se entiende la gente (increíble, pero cierto): Vitrasa echa marcha atrás y permitirá no sólo la publicidad sino que los autobuses de la empresa serán el escenario de una exposición rodante de la revista.

La nota de prensa:

Un acordo permitirá a circulación dos autobuses coa publicidade da revista
Pontevedra, 4 de febreiro
A polémica que se produciu ao negarse a empresa de transporte urbano Vitrasa a levar un anuncio de Retranca nos seus autobuses, rematou cun final feliz. Unha pequena mudanza no texto previsto deu no compromiso da directiva para que, en poucos días, circulen os autobuses coa campaña da revista. Ademais, a empresa, que en todo momento tivo un comportamento correcto, comprometeuse a levar nos seus autobuses unha exposición con capas e ilustracións da revista, que se presentará en vindeiras datas. Do mesmo xeito, ofertounos de balde espazos nas traseiras dos seus buses que se sumarán aos xa previstos carteis nos laterais.

A campaña

Probablemente os deuses non existan, pero a cultura galega si Por que non falamos das cousas que existen? Este era o texto da campaña publicitaria que Retranca pretendía iniciar esta mañá no autobús da liña Circular-Centro de Vigo. No entanto, unha chamada da empresa Vitrasa comunicaba a suspensión deste compromiso, xa que, segundo a empresa a publicidade recorda aos anuncios a prol do ateísmo que se poden ver en diferentes cidades e podería ferir sensibilidades.
Logo dun longo debate, no que desde a revista se insistiu no carácter humorístico da campaña e na dificultade de que alguén se poida sentir ofendido polo plural “deuses”, acordouse facer unha modificación no lema que quedou do seguinte xeito: Probablemente Zeus non exista. A cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen?
Retranca quere sinalar que a súa campaña en ningún momento incide en debates teolóxicos, e que unicamente pretende chamar a atención sobre a necesidade de crermos na nosa cultura para dotala de existencia real e para reclamar unha maior atención cara á mesma.

Agardamos que en vindeiras data se poia ver a campaña e queremos agradecerlles aos lectores e mais ao medios de comunicación a atención e o apio que nos amosaron desde o primeiro momento.

www.revistaretranca.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Post Navigation