Autobuses sin Retranca

Un caso más de absurdas censuras: la revista de humor Retranca había contratado publicidad en los autobuses de Vigo, en la que reivindicaban la cultura gallega con la habitual y corrosiva mala leche que les caracteriza, con una parodia del famoso anuncio ateo que tanta polémica ha generado. “Probablemente os deuses non existen, pero a cultura galega si. Porque non falamos das cousas que existen?” era el eslogan elegido para la publicidad, que parece haber molestado muchísimo a la empresa de autobuses, que la ha retirado “porque se parece a la campaña atea de los autobuses de Barcelona”.
Desde luego cada vez hay menos humor en el mundo. Y si recordamos que el humor está relacionado con la inteligencia, el silogismo está hecho.

retranca

Os paso la nota completa (en gallego):

CENSURADA A CAMPAÑA PUBLICITARIA DE RETRANCA NOS AUTOBUSES DE VIGO

Non temos tanta certeza de se os deuses existen, pero, desde logo, non estaría tan ninguneados como a cultura galega, que esta aquí, con vocación de quedarse e con bastantes chagas abertas como para que calquera persoa que teña perdida a fe poida meter os dedos onde lle pete. Como a especie humana é unha especie que necesita falar e como non todo pode ser fútbol ou deus, poderiamos comezar a falar da cultura galega porque é moito máis bonito falar das cousas que existen.
Isto era o que pretendiamos facer a Revista Retranca e un grupo de creadores galegos coa nosa campaña publicitaria nos autobuses de Vigo. Unha campaña para concienciar á xente que a cultura galega necesita tamén que creamos nela para existir.
Pero esta mañá sucedeu algo incrible, o noso autobús (o Circular Centro) que ía promocionar a nosa publicación e a cultura galega durante 3 meses só estivo na rúa 6 horas, xa que a empresa Vitrasa decidiu quitar a nosa campaña publicitaria do autobús sen darnos ningunha explicación.
Hoxe, a última hora da tarde, recibimos unha chamada de Vitrasa. A explicación que nos deron foi surrealista, ao parecer non queren poñer o noso anuncio porque “recorda” á campaña atea feita nos autobuses de Barcelona.
Claro, como nós falamos de Deuses, igual os Galos de Asterix que viven no castro de Vigo séntense feridos ao ler a nosa publicidade.
Publicidade que como calquera pode ler fala DA CULTURA GALEGA e da pouca importancia que se lle da no noso País e que Retranca quere que se fale máis dela.
Así que a ver se lles queda claro aos señores de Vitrasa que na nosa campaña publicitaria “Dios” non pinta nada.
Mañá temos unha reunión cos responsables da empresa de autobuses, a ver que nos contan.
O que xa temos claro é que A CULTURA GALEGA EXISTE, PERO NON DEIXAN QUE SE ANUNCIE !!!

Saúdos Retranqueiros
A Santa Compaña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Post Navigation